COMPARTILHAR
Inicio Correspondentes Antonio Garcí...

Antonio García Teijeiro (1952)

Antonio García Teijeiro (1952)

0
1613

“As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, é o autor desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases do escritor relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. “O mar non ten paredes. Por iso inventa mil horizontes” e “Cando a lúa chama o mar, deixa a voz na beiramar”, foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora. 

 

6. Onte, a través dunha amiga, souben da morte dun gran poeta, dun enorme narrador -Ai, Galván en Seor!-, dunha persoa recta e crítica, dun tradutor dun nivel extraordinario –Cancioneiro de Petrarca e a Divina Comedia son exemplos evidentes.

Pero Darío Xohán Cabana iniciouse no mundo literario escribindo poesía. E foi un poeta elexíaco, moi apegado á terra. Un poeta en constante equilibrio entre fondo e ton. Un poeta que expresa con orgullo cantos e poemas dedicados ao campesiñado, ás raíces labregas entre tantos temas coma o amor ou a morte. 

5. Na miña casa non había libros. Ou, para ser exactos, algúns adornaban simplemente un fermoso moble inglés de castaño con vidros, mesturados con figuriñas variadas. Porque facía bonito velos a través do cristal. Deses libros, que habitaban para seren admirados pola beleza da súa edición –lombos de cores elegantes- en consonancia cos demais obxectos, só salvei Platero y yo de Juan Ramón Jiménez. 

4. Na tarde de onte, 26 de setembro, no auditorio do edificio de Humanidades da Universidade de Tennessee en Martin, Antonio García Teijeiro, presentado por Antón García-Fernández, ditou unha conferencia arredor da súa obra diante dunha audiencia moi interesada formada por profesores e alumnado do departamento de linguas estranxeiras do centro universitario. 

3. Poemar el mar, gaña o Premio da Fundación Cuatrogatos, 2019. Está na lista dos vinte gañadores en todas as categorías entre os mellores libros en español (trd. de Chus Fernández, de Poemar o mar) publicados  en España, México, O Salvador e Colombia. Foi elixido tras analizaren os expertos arredor de 1500 libros publicados en 2018. 

2. A poesía, ben se sabe, é para min unha paixón. Compro poesía, leo poesía, animo a ler poesía, descubro poetas, contaxio poesía, escribo sobre poesía, en definitiva, vivo en poesía. 

1. Decía León Felipe en un texto poético contenido en su libro Parábola y Poesía lo siguiente: Poetas… La Poesía es una ventana… la única ventana de mi casa. Por esta ventana irrumpe la luz e ilumina todo lo que yo escribo en las paredes. 

Partilha

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here