1363
0
COMPARTILHAR
Inicio Correspondentes Armando Reque...

Armando Requeixo (1971)

Armando Requeixo (1971)

0
1363

Esta semana na Radio Galega foi a quenda de Emma Pedreira e as súas ‘Cicatrices do aire’, XIX Premio Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. 

4. Onte no Diario Cultural do Galicia por Diante da Radio Galega convidei á lectura da novela ‘O mal querer’ de Natalia Carou  e o libro de relatos ‘A maxia da auga’ de Afonso Eiré. Podedes oír o que alí falamos Xiana Arias e mais eu entre os minutos 48’30 e 56’20 deste podcast: http://www.crtvg.es/rg/hora-a-hora/fecha:19-05-2020/undefined:Reproducir/hora:10:00 #aculturasegue

3. “O sentido da miña vida, o que eu máis desexo é que me queiran”. Velaí a confidencia que onte nos facía o profesor e crítico Luís Alonso Girgado na grande homenaxe que lle celebramos no Pazo de San Roque en Compostela, onde o poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer pronunciou unha brillante laudatio súa e tamén tomaron a palabra con moito ben Manuel González, Víctor F. Freixanes e Valentín García

2. Velaquí o que escribín sobre ‘A gotiña viaxeira’ de Toño Núñez, un álbum-cd publicado por Edicións Fervenza que atrapa pola “delicadeza dos seus versos, ateigados de sonoras vibracións, dunha música velaíña que os cose e que flúe líquida, facendo destas páxinas unha festa dos sentidos plena de sensorialidade, de referencias e suxestións ao dondo táctil, ao luminoso ollar, aos máis sutís sons, aos ben plurais sabores e aos recendos lembradoiros”. 

1. Á hora de escribir, moitos autores de toda época e lugar desenvolveron costumes extravagantes cos que se sentiron seguros e que, dalgunha maneira, foron aos seus ollos imprescindibles para lograr plasmar literariamente aquilo que querían comunicar. 

Partilha

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here