1423
0
COMPARTILHAR
Inicio Do outro mundo Porto visto p...

Porto visto por Emma Pedreira

Porto visto por Emma Pedreira

0
1423

EMMA Pedreira, filóloga, poeta e narradora, é natural de A Coruña, Galiza. Muitos dos seus poemas falam do espaço e tempos da infância perdidos e idealizam um possível regresso ao lugar da origem. Visitou mil vezes o Porto e mil vezes descobre lugares novos. Adoro passar por aqui os tempos lentos de finais do verão e percorrer os alfarrabistas e antiquários na zona da Trindade e Cedofeita, os seus bairros favoritos.

Por Paulo Moreira Lopes

1 – Data de nascimento e naturalidade (cidade, estado)?
11 de novembro de 1978 en A Coruña, Galiza.

2 – Atual residência (cidade, estado)?
Vivo a cabalo entre A Coruña e Pontedeume, unha vila mariñeira a media hora de camiño da primeira.

3 – Em que outros locais viveu de modo permanente?
En ningún.

4 – Habilitações literárias?
Filóloga, poeta e narradora. Autora de 13 poemarios, 3 libros de relatos, 3 novelas para público adulto e unha máis para xuvenil.

Gañadora do Premio da Crítica Española en Lingua galega polo libro de microrrelatos “Bibliópatas e Fobólogos”, un poema seu “Lista da compra da viúva” foi considerado o mellor poema do mundo en 2018. Recibiu tamén o Premio Xerais de Novela por “Besta do seu sangue”, unha biografía poética e novelada sobre o asasino Manuel Romasanta, o Home Lobo de Allariz.

A súa obra está traducida ao español, inglés, francés e ruso e figura en numerosas antoloxías a nivel internacional.

5 – Atividade profissional?
Funcionaria de Normalización Lingüística no Concello da Coruña.

6 – Em que medida o local onde nasceu e viveu ou vive, influenciou ou influencia a sua vida artística?
Os lugares onde me criei na infancia supoñen para min unha mestura de rural e urbano, de liberdade e contención e, a partir da perda do contacto co rural, unha busca constante do regreso e da introspección a través da poesía. Moitos dos meus poemas falan do espazo e tempos da infancia perdidos e idealizan un posible regreso ao lugar da orixe.

7 – Quando pensa na cidade e na região do Porto lembra-se imediatamente de quê?
Da calma e dos tempos lentos, os olores untuosos dos mediodías, as rúas poeirentas e os adoquíns esvaradíos en branco e negro, os edificios vellos e o urban street art estampado nas paredes. Gatos rueiros e xente idosa nas xanelas, azulexos rotos e trandeiras de estirar a roupa cheas de prendas alegres. O río Douro estralando en prata. Fumar na rúa e unha molicie temperada de camiño da Ribeira. O vento limpo do Castelo do Queijo e a chovida rúa Santa Catarina, limpa de xente e ruído a primeiras horas da mañá.

 8 – Já visitou o Porto? Em caso afirmativo, por que motivo e qual a ideia com que ficou da cidade e da região?
Visiteino mil veces e mil veces descubro lugares novos. Adoro pasar alí os tempos lentos de finais do verán e percorrer os alfarrabistas e anticuarios arredor da Trindade e Cedofeita, os meus barrios favoritos.

 9 – Endereço na web/blogosfera para a podermos seguir?
Facebook: @emmapedreira
Instagram: @emmapedreira
Twitter: emma_pedreira
https://gl.wikipedia.org/wiki/Emma_Pedreira

Partilha

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here