COMPARTILHAR
Inicio Do outro mundo Trisavô galeg...

Trisavô galego de Fernando Pessoa

Trisavô galego de Fernando Pessoa

0
1946

O VÍNCULO que une a Galiza e Portugal a través dalgúns dos seus máis eximios escritores é evidente. Así acontece co gran Luís de Camões, quen tivo como trisavô a Vasco Pires de Camões, nobre galego do século XIV que tamén se dedicou ás belas letras.

As orixes familiares do incomparable Fernando Pessoa tamén se sitúan nas terras ao norte do Miño por causa, outra vez, da figura do seu trisavô, agora materno, Caetano Dionisio de Lens ou, baixo nome xa portugués, Caetano José Pinheiro, nacido na municipalidade de Outes, a mediados do XVIII e despois emigrado como capitán e sarxento maior a Faro, Lisboa e a Ilha Terceira. Deste antepasado descendente do poeta, que caracterizou normiñotamente a Álvaro de Campos e, sobre todo, a Alberto Caeiro, o máis galego dos seus heterónimos, con toda probabilidade inspirándose para o seu nome nun cóengo da Catedral de Santiago.

Hoxe sabemos que, ademais de en Portugal, a revista Orpheu e o grupo que a animaba tivo eco principalmente na Galiza e é máis que posible que un dos artigos publicado sobre este movemento en Vigo fose escrito polo propio Pessoa, quen o tería asinado con iniciais en pseudónimo para darllo ao intermediario galego do grupo, o escritor Alfredo Pedro Guisado.

Das orixes galegas de Pessoa, das noticias da revista Orpheu na Galiza e da galeguidade de Caeiro ocúpase Raízes de Pessoa na Galiza (2018), monografía moi documentada, escrita polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Quiroga e publicada pola Editorial Através. Un estudo rigoroso, con gran traballoo documental, hemerográfico e bibliográfico, que se le con sumo agrado e que recomendo a todos aqueles que queiran saber máis sobre as conexións galegas de Pessoa e os de Orpheu.

Por Armando Requeixo

Partilha

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here